Apuntes biográficos/históricosO fillo de David Fojo Díaz, Jesús Fojo, fíxose cargo da imprenta de Ramón Canosa Suárez en Viveiro, cando este foi designado polo Goberno de España para ocupar un posto no Ministerio de Facenda. Jesús Fojo puxo á fronte da imprenta de Viveiro ao linotipista ferrolá José Castro Sanjurjo. O posto non levaba asociada a responsabilidade de dirixir a empresa, xa que ata o estalido da Guerra Civil, Jesús recorreu tódalas semanas o traxecto que separaba as sedes das súas imprentas.
Fontes consultadas1. Súarez Sandomingo, José Manuel. Los Fojo, toda una saga de editores y empresarios orteganos. En: O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político: o caso de "La voz de Ortigueira. A Coruña: Deputación Provincial, 2017