Apuntes biográficos/históricosTraballou como redactor en xornais como El Correo, La Correspondencia de España ou El Español. Era funcionario do Ministerio da Gobernación e foi secretario particular de Antonio Maura de 1902 a 1925. Elixido deputado a Cortes por Ribadeo nas eleccións de 1907 e por Pobra de Trives nas de 1919, 1920 e 1923. Publicou un libro de poesía de contido agrarista en galego.
Cruz de Carlos III e Cruz do Mérito Naval.