Apuntes biográficos/históricosFrancisco Ponte Blanco, nado na Coruña o 8 de xullo de 1853 e finado na mesma cidade o 23 de agosto de 1926, foi un enxeñeiro e escritor galego.
Pasou a súa mocidade na Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi concelleiro, alcalde (de xaneiro de 1923 ata a ditadura de Primo de Rivera), presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica e do Círculo de Artesáns. Fundou o Padroado da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia.
O 31 de marzo de 1924 foi elixido presidente da Real Academia Galega, institución na que ingresara como académico de número en 1921 co discurso Breves consideraciones acerca del Arte y de los estilos, a través de las civilizaciones, respondido por Manuel Amor Meilán. Galipedia