Coñécese como Oriente Medio (en árabe: ) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á Segunda Guerra Mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe.Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da Primeira Guerra Mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a Guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). «Orient». L'Enciclopèdia (en català). Consultado o 5 de outubro do 2015. "Redrawing American Cartographies of Asia", artigo de Ella Shohat, City University of New York (en inglés). "The Middle East, in whose world?", artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies (en inglés). Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): The Middle East: Geography and Geopolitics. Routledge. Páx. 1213 (en inglés)
Se designa como Oriente Medio o Medio Oriente a la región aproximadamente equivalente al sur de Asia, por lo que con frecuencia suele confundirse entre los neófitos en geografía con el Oriente Próximo o Cercano Oriente o con el Asia Occidental. Sin embargo correctamente la Real Academia Española (RAE) considera por el contrario la expresión Medio Oriente corresponde a Asia del Sur en el (subcontinente Indio y que comprende a los estados de Afganistán, Pakistán, India, Nepal, Bután, Bangladés, Sri Lanka, Maldivas y zonas aledañas)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal