Apuntes biográficos/históricosManuel Domínguez Benavides foi un escritor e político galego. Autodidacta, formado nas Casas del Pueblo e Ateneos Populares, a carencia de estudos non foi impedimento para exercer como xornalista. Residiu alternativamente en Madrid e Barcelona, militando no PSOE. Na guerra civil foi comisario da frota republicana. Cando rematou a guerra, exiliouse en México. Pouco antes do seu falecemento, pasouse ao PCE. Foi secretario de redacción da revista Reconquista de España, desenvolvendo ademais unha incansábel labor como escritor, publicando varias novelas sobre episodios da guerra civil, entre elas, a máis coñecida, La Escuadra la mandan los cabos, aparecida en 1944. Galipedia
Formas alternativas do nomeDomínguez Benavides, Manuel, 1895-1947
Benavides, Manuel, 1895-1947
Luciano de Provenza, 1895-1947
Provenza, Luciano de, 1895-1947
Fontes consultadas1. Autores Galegos na BUSC. Visitado o 21 de outubro de 2019 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=541
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o 21 de outubro de 2019. XX1187394