Apuntes biográficos/históricosAsdrúbal Ferreiro Cid, nado en Xunqueira de Ambía en 1895 e finado en Sanxenxo o 29 de marzo de 1983, foi un avogado e político galego.
Fillo de Aquilino Ferreiro e Purificación Cid Pérez de Castro.
A súa obra de 1925 "Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia" foi empregada por Alexandre Bóveda para a cuestión económica na redacción do Estatuto de Galicia de 1936.
Foi director xeral do Tesouro, director xeral de Usos e Consumos, director xeral de Crédito á Construción, vicepresidente de Iberia e vicepresidente de Estaleiros de Cádiz. Foi condecorado coa Medalla ao Mérito ao Traballo e a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
Galipedia
Socio do Seminario de Estudos Galegos onde ingresa co traballo titulado "Datos para un ensayo de Autonomía Administrativa de Galicia"