Coordenadas: 43°1525N 2°5525W / 43.25694°N 2.92361°W / 43.25694; -2.92361 Bilbao (en éuscaro, castelán e oficialmente, tamén en éuscaro: Bilbo) é unha cidade do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Situada na comarca do Gran Bilbao e atravesada polo río Nervión que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría, ten unha poboación de 354.145 habitantes e unha extensión de 41,26 km² cunha densidade poboacional de 8.583 hab./km². é o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto de 1 000 000 de habitantes.Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bilbaíno
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal