Apuntes biográficos/históricosTras rematar o bacharelato e os estudos de Peritaxe Mercantil na súa cidade natal, A Coruña, trasládouse a Madrid onde coñece ao embaixador da Arxentina, Miguel Cané, quen lle facilita a marcha á Bos Aires. Alí convértese en secretario da inspección General de la Municipalidad.
En 1896 comeza a publicar en xornais como El País, El Eco de Galicia, La Nación ou no Almanaque Gallego de Castro López. Escribe críticas pero tamén novelas por entregas.
En 1900 publicou o único relato en galego, ¿Fixo ben?, no Almanaque Gallego, cuxo tema era a emigración.
Foi presidente do Círculo Gallego de Bos Aires e participou na comisión creada para recadar fondos para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña.
Regresa a España en 1910 residindo en San Sebastián, onde falece en decembro de 1947. . - Destaca tamén a súa faceta de pintor. En 1949 expuñéronse os seus óleos na Exposición Cien años de arte en Galicia, celebrada co gallo do Centenario da Academia de Belas Artes da Coruña.