Apuntes biográficos/históricosNacido no concello de Pantón, na parroquia de Santa María de Touriz. Tras rematar o bacharelato en Ourense comeza a escribir en xornais de Lugo como El Regional, La Idea Moderna e no Heraldo de Lemos, de Monforte de Lemos. Trasládase a Barcelona onde leva a corresponsalía do xornal madrileño Diario Universal desde 1906 e convértese en redactor da Enciclopedia Ilustrada da Editorial Seguí.
En 1908 volve a Chantada onde funda o semanario Faro-Miño que deixa de publicarse no mesmo ano.
En 1910 emigra á Arxentina onde comeza a escribir literatura. Tamén escribe no diario La Argentina e funda a revista Rojo y Gualda. Dirixe o boletín do Centro Gallego e funda e preside a Asociación de Chantada y su partido.
En 1917 regresa a España e comeza a traballar no xornal madrileño El Fígaro e colabora en Vida Gallega. Xa en Chantada, funda El Regionalista, xornal que tamén dirixe.
Traballou como oficial no concello de Carballedo e foi secretario do de Monterroso. Destinado na Delegación de Traballo en Lugo, en 1947 pasa á Sección de Estudos e Publicacións do Ministerio en Madrid, onde se xubila en 1950 e regresa a Chantada onde faleceu cinco anos despois.