Apuntes biográficos/históricosFoi un poeta galego nado en 1903 en Pontevedra, pertencente á xeración da 25 galega, xunto a Luís Amado Carballo e José María Álvarez Blázquez. Publicou en galego "Mágoas", e en castelán "Alcor" e "Los senderos inútiles". Fundou as revistas Hebe, Alborada e Cristal, a primeira de corte nacionalista, as dúas últimas exclusivamente literarias.
Cofundador do Partido Galeguista de Pontevedra (logo integrado no Partido Galeguista) xunto con Castelao, do que chegou a ser presidente.
Represaliados el mesmo e os seus compañeiros de xeración tras a Guerra Civil, executados algúns, exiliados outros, practicamente deixou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre, no que non deixou de tentar manter o ensino en lingua vernácula.
É de importancia mencionar que foi irmán da poeta e escritora galega Aurora Vidal Martínez, moi coñecida pola súa obra de teatro ``Camino a Belén´´. Tamén foi pai de María Dolores Aurora Vidal Caramés.
Morreu en Pontevedra no ano 1994.
Wikipedia
Formas alternativas do nomeVidal Martínez, J.
Vidal Martínez, Xoán, 1904-1994
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 1 de xuño de 2020
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1165203. Visitado o 1 de xuño de 2020