Apuntes biográficos/históricosIrmán de Alejandro e José Luis Outeiriño Rodríguez. Realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Foi director do semanario Heraldo de Galicia e do xornal Galicia. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, cando este se integrou na Fronte Popular, pasou á fracción dereitista con Vicente Risco. Dirixiu o diario La Región, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alejandro, entre 1932 e 1968. Fundou a revista Misión en 1937. Escribiu varias comedias e contos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).