Apuntes biográficos/históricosEmigrou de novo a Arxentina. Formou parte da directiva da sociedade A Terra fundada en Buenos Aires en 1917. En 1924 trasladouse aos Estados Unidos onde viviu algúns anos. Colaborou en "Céltiga" e en "La Prensa" de Nova York e foi correspondente nesa cidade da revista "Claridad". Regresou a Arxentina en 1930, pero viaxou de novo aos Estados Unidos a finais dos anos trinta, onde coincidiu con Ramón Suárez Picallo e Castelao. Nos anos vinte fíxose comunista, pero despois mantívose nunha postura independente sen abandonar o marxismo. Foi dirixente da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales da que foi membro da comisión de prensa (1938-1947 e 1955-1959) e escribiu en "Galicia" de forma habitual dende 1938 utilizando o pseudónimo Gandarío, periódico que chegou a dirixir. Socialista contrario ao galeguismo, despois da Guerra Civil estivo moi influído polas posicións do PCE.
Fontes consultadas1. Wikipedia. Visitada o 20 de xuño de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/Domingo_Cubeiro