(O Vicedo, España, 1900 - Bos Aires, Arxentina, 1973)
Apuntes biográficos/históricosEmigrou a Arxentina. Amigo de Vicente Paz Infante, actuou con el na Sociedad Vivariense e despois na Sociedad de Riobarba coa que se integrou na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Pertenceu á Asociación de Socialistas Españoles e ao Centro Republicano español. Colaborou en España Republicana. Crítico coa liña galeguista de "El Despertar Gallego" publicou un artigo en 1929 que xerou polémica. Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, da que foi un dos seus principais dirixentes, e foi membro do comité de redacción do seu órgano "Acción Gallega". Logo da proclamación da Segunda República Española viaxou a Galicia para informar ao periódico e á Federación. Participou no congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina como delegado da Sociedad de Riobarba. Integróuse na redacción de "Galicia" ata 1940, volvendo en 1947 como subdirector e a partir de 1949 como director. Participou na Peña Federal de 1952.
Fontes consultadas1. Wikipedia. Visitada o 20 de xuño de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Cobelo