(O Vicedo, España, 1900 - Bos Aires, Arxentina, 1990)
Apuntes biográficos/históricosViviu de neno en Ferrol. Emigrou a Cuba con 17 anos. Estudou no Centro Gallego de La Habana. Socialista marxista, militou no movemento obreiro cubano e foi dirixente do Sindicato de Dependientes de Café de La Habana. Abandonou Cuba en 1927 e viviu en Madrid e Barcelona. Marchou a Arxentina en 1930 e integrouse no Comité Puenteareano e na Sociedad de Riobarba, e fixo amizade con Vicente Paz Infante e José Cobelo. Fundou o Centro Renovación de Ponteareas en 1935, do que foi dirixente moitos anos. Tamén pertenceu ás sociedades de Riobarba, Salvatierra de Miño e Amigos de la Cooperación. Dirixiu a revista "Progreso" da Unión de Cortadores de Confección e foi axente de seguros. Dende a súa chegada a Arxentina integrouse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires colaborando no seu órgano "Acción Gallega", onde publicou tamén algúns poemas. Pasou despois á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Escribiu en Galicia dende 1938 e foi un dos patrocinadores da lista Republicana de Izquierda en 1939. Elixido secretario xeral da Federación en 1940, foi o encargado de recibir a Castelao á súa chegada a Arxentina. Dende 1941 ata 1960 pertenceu á redacción de Galicia, moitas veces como director; alí apareceron artigos seus asinados co pseudónimo León Rojo. Formou parte da alianza socialista-comunista dirixida por Gerardo Díaz, da que tomou distancia na década de 1950. En 1952 participou da Peña Federal. Integrou a xunta executiva con Antonio Alonso en 1955. Volveu dirixir Galicia entre 1972 e 1973. Pertenceu á directiva do Centro Gallego de Buenos Aires, dirixiu o seu órgano "Galicia" e presidiu o Instituto Argentino de Cultura Gallega. Na década de 1970 participou na rodaxe do documental "Castelao (Biografía de un ilustre gallego)", poñendo voz a Castelao. Apoiou a xestión presidencial de Raúl Alfonsín.
Fontes consultadas1. Wikipedia. Visitada o 20 de xuño de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Baltar