Apuntes biográficos/históricosPropietario do Colexio Integral e logo do Grupo Escolar. Foi elixido concelleiro da Coruña en decembro de 1909 e Presidente da Juventud Republicana da Coruña (1911). Funcionario do Concello da Coruña, do que chegou a ser secretario nos anos dez. Membro da Liga Gallega e de Solidaridad Gallega, foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi detido e estivo preso polos sucesos da folga xeral de 1917. Dirixiu o semanario "Acción Coruñesa" e a revista "Galicia Industrial y Comercial" a partir de febreiro de 1929. Militou no Partido Reformista de Melquíades Álvarez e na República en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.