(Santiago de Compostela, España, 1871 - Santiago de Compostela, España, 1931)
Apuntes biográficos/históricosMiguel Gil Casares foi un médico, inventor, tradutor e catedrático universitario galego.
Recoñecido especialista en pneumoloxía, tisiología e cardioloxía e tradutor do alemán ao español do Tratado elemental de patoloxía interna e o Manual de medicina interna de Joseph von Mering, así como doutras obras, tamén médicas, de autores como Oswaldo Vierordt ou Ismar Boas.
Destacou igualmente como inventor de diversos aparellos e dispositivos médicos, entre os que sobresaíu o palógrafo, antecesor do fonocardiógrafo, que presentou na Real Academia Nacional de Medicina e patentou en Estados Unidos e España e polo que obtivo varios premios, entre eles figurar como un dos inventos do ano 1924 recoñecido pola Sociedade de Nacións.
De ideas conservadoras e rexionalista, na última lexislatura do período da Restauración borbónica previa ao golpe de estado de Primo de Rivera, foi senador en representación da Universidade de Santiago.
Na súa honra nomeouse, desde a súa inauguración en 1961, o Hospital Gil Casares de Santiago. Wikipedia
Formas alternativas do nomeGil y Casares, Miguel, 1871-1931
Gil Casares, Miguel, 1871-1931
(M. G. C. ), 1871-1931
(Gil Casares, M. ), 1871-1931
Gil, Miguel, 1871-1931
Gil, M., 1871-1931
Gil Casares, 1871-1931
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o día 19 de maio de 2021. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2123
2. Catálogo de autoridades da BNE. XX1284359. Visitado o 19 de maio do 2021.