Apuntes biográficos/históricosValentín Lamas Carvajal naceu en Ourense en 1849. Alí cursou o Bacharelato, trasladándose posteriormente a Santiago de Compostela para cursar os estudos de Medicina. Unha doenza visual que o deixará cego fixo que non puidese rematar a carreira. De volta na súa cidade natal converterase nun dos primeiros promotores da prensa en galego. Na súa faceta xornalística estivo relacionado con algúns dos títulos máis destacados da prensa histórica de Galicia, ben como fundador, director ou simple colaborador. Algunha das cabeceiras ás que se vencellou foron "La Aurora de Galicia", "El Heraldo Gallego" ou "El Eco de Orense", que dirixiu ata o seu falecemento en 1906.
Aínda que si por algún feito merece ser recordado Lamas Carvajal e por ser o fundador de "O Tío Marcos d´a Portela", o primeiro periódico enteiramente en galego, entendendo como tal unha obra colectiva de diversas persoas. Foi unha publicación intimamente ligada a figura do seu promotor e dirixíase a un público popular, xa que basicamente tratou temas cotiáns dos campesiños galegos.
Ademais de polo seu labor xornalístico, Valentín Lamas Carvajal destacou pola súa faceta literaria. Achegouse tanto á poesía, na que atopamos elementos cultos e folclóricos, como á prosa, na que amosa tamén a vontade populista e comprometida coa defensa dos labregos. A obra literaria máis coñecida de Lamas Carvajal é "Catecismo do labrego", publicado no ano 1899 e que enseguida acadou un enorme éxito, chegando a ser a obra máis popular da nosa literatura durante varios anos.
Valentín Lamas Carcajal finou na cidade de Ourense o 4 de setembro de 1906. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1972.
Formas alternativas do nomeLamas Carvajal, Valentín
Lamas Carvajal, Valentín, 1790-1906
Carvajal, Valentín L., 1849-1906
Lamas Carbajal, Valentín
Lamas Carvaxal, Valentín
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 16 de xullo de 2014. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2553
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1140907. Visitado o 15 de xullo de 2014.
3. Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia Lamas Carvajal, Valentín (Orense 1.XI.1849 - Orense 4.IX.1906)