Apuntes biográficos/históricosFoi un investigador e debuxante, irmán do coñecido etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas.
A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez (Tabarra), a finais de 1923, a nai, Joaquina Fernández Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmáns sepáranse para ir vivir Xurxo a Vigo, co avó materno, e Xaquín a Lobeira (Ourense). Xurxo pronto manifesta a súa habilidade no debuxo, así como para tocar diferentes instrumentos musicais.
Aínda que comeza a estudar Arquitectura en Madrid, abandonou a carreira e matriculouse en 1931, co seu irmán, en Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Os dous irmáns involúcranse no movemento galeguista, no que xa participaran en Ourense, e colaboran co Seminario de Estudos Galegos, no que é nomeado Segredario de Actas en 1932. Estas actividades rematan provocando algúns enfrontamentos cos seus profesores, polo que se ven obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1933, onde Xurxo morre ó pouco de chegar, a consecuencia dunha septicemia.
A pesar do prematuro da súa morte, escribiu diversos traballos en distintas materias vinculadas con Galicia, como arte, historia, arqueoloxía, etnografía ou epigrafía, que publicou en Nós, no Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e outras revistas, só ou en colaboración co seu irmán, con Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey e outros.
Formas alternativas do nomeLorenzo, Jorge, 1910-1934
Lourenzo Fernández, Xurxo, 1910-1934
Lorenzo Fernández, Jorge, 1910-1934
Fernández, Xurxo Lorenzo, 1910-1934
Fernández, Jorge Lorenzo, 1910-1934
X.L. (Lorenzo, Xurxo), 1910-1934
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 26 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2901
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1613854. Visitado o 26 de maio de2020