O catálogo de Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia ( BDG) alberga o fondo dixital da Biblioteca de Galicia e o fondo que compón o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia ( CCPBG).
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia permite a consulta de todo o seu catálogo a través de distintas opcións, ás cales se accede desde o menú “Consulta”.
Con carácter xeral, débense ter en conta os seguintes aspectos:
Esta opción, que por defecto está marcada, permite executar unha consulta unicamente sobre os rexistros que teñan algún grupo de obxectos dixitais asociado.
En caso de desmarcala, os resultados obtidos nunha consulta pertencerán tanto á fondos con obxectos dixitais asociados como á aqueles rexistros do CCPBG que non están dixitalizados.
Este tipo de procura permite realizar consultas non só nos datos descritivos da ficha bibliográfica, senón tamén no texto dos documentos. Para iso, os termos de procura hanse de introducir no campo “Busca xeral” e ten que estar marcada a opción “Buscar no texto completo”.
Devolve aquelas páxinas nas que se atopa o termo buscado, de forma que mostra as imaxes concretas co termo de procura resaltado en amarelo, xunto ao extracto de texto exacto, con termo resaltado en negrita.
Mostra as obras resultantes da consulta xunto ao extracto de texto no que se atopa o termo de procura, resaltado en negrita.
Permite realizar unha consulta en función dos distintos campos de procura que compoñen o formulario:
En caso de utilizar varios campos na mesma consulta, estes enlazaranse mediante o operador E.
Do mesmo xeito, pódese realizar unha consulta sobre unha ou varias ‘Coleccións’ concretas, ou ben facer unha procura por campos acoutada a unha colección determinada.
O formulario de busca avanzada está accesible desde a correspondente ligazón, situado baixo o formulario de procura asistida.
A diferenza da procura asistida, a procura avanzada permite seleccionar o campo de procura a utilizar desde un despregable no que se inclúen unha serie de campos adicionais aos do formulario anterior:
Do mesmo xeito, permite seleccionar o operador (E, OU, NON) que se executará entre dous campos de procura.
Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia conta cun campo de procura xeral que permanece constante en todas as páxinas da web e que permite lanzar consultas a texto completo en calquera momento da navegación sen ter que acudir ao formulario de procura.
Os resultados dunha procura móstranse, por defecto, como unha lista alfabética, ordenada por título de forma ascendente (A- Z). Aínda así, esta orde pódese cambiar en función de varios campos, e de forma ascendente ou descendente:
Do mesmo xeito, os resultados pódense mostrar tanto en forma de listaxe, como en vista mosaico.
Tamén é posible acoutar os resultados dunha consulta:
Cando se accede a un rexistro, por defecto, este móstranse en formato ficha, aínda que é posible visualizalo noutros formatos segundo as necesidades ou preferencias de cada cal:
“A miña biblioteca” permite aos usuarios de Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia ter un espazo persoal no que rexistrar a súa actividade, de forma que poden gardar as procuras que realicen, engadir as súas obras preferidas a unha lista de ‘favoritos’ ou crear listas con bibliografías temáticas.
Para poder entrar a “A miña biblioteca”, é necesario estar rexistrado en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia, para o que hai que picar na ligazón superior “Acceso a usuarios”, de forma que se accederá a unha pantalla na que aparecerá tanto o formulario de login (para usuarios rexistrados) como a ligazón “Rexistrarse” (para usuarios novos).
Tal e como se indica, para rexistrarse é necesario indicar, obrigatoriamente, o nome, unha dirección de correo electrónico e un contrasinal.
Unha vez rexistrados e identificados en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia, o ligazón “Acceso a usuarios” cambiará polo nome do usuario logado e na barra de menú mostrarase un novo punto “A miña biblioteca”, o cal dá acceso a todas as opcións permitidas ao usuario.
Mostra, automaticamente, os últimos 10 rexistros vistos polo usuario.
As procuras que se realicen estando logados no sistema, poderán ser gardadas polo usuario, a través do botón pertinente, a fin de poder recuperar os resultados en calquera momento sen ter que repetir a consulta.
Desde o submenú “Procuras gardadas” mostraranse todas as consultas que gardase o usuario, de forma que poderá acceder aos resultados correspondentes ou eliminala.
Lista na que o usuario pode gardar as súas obras preferidas para telas localizadas. A adición de rexistros a esta listaxe pódese facer:
Esta opción permite crear listas persoais de obras en función de múltiples criterios. Por defecto aparecen dúas listas, “Favoritos” e “Últimos rexistros”, pero ao picar sobre ‘Nova lista’ pódense crear tantas como se queira.
A adición de rexistros a estas listas leva a cabo desde a páxina de resultados, marcando os rexistros que se queren engadir e seleccionando a lista pertinente.
Tamén se poden engadir rexistros desde a respectiva ficha, seleccionando unha lista e pulsando en ‘Agregar’. No apartado “Listas de obras seleccionadas” mostraranse todas as listas nas que está incluído o rexistro.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal