FAQ's

 

 

 

Que contén Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia?

En Galiciana-BDG poden atoparse máis de 5.500 obras dixitalizadas, que suman aproximadamente 2 millóns de imaxes. Todos estes recursos dixitais son o resultado dos diferentes proxectos de dixitalización postos en marcha pola Xunta de Galicia desde 1997.

A selección do material dixitalizado realizouse sobre a base do seu valor para a historia, o patrimonio, a ciencia, a lingua e a cultura de Galicia. En concreto, Galiciana-BDG foise configurando ao redor das seguintes coleccións:

  • Monografías
  • Hemeroteca
  • Manuscritos
  • Cartografía
  • Ilustraciones y fotos
  • Materiales mixtos

A coleccións de Galiciana-BDG increméntanse anualmente a través de proxectos de dixitalización financiados pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Algúns deles realízanse en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

Que tipos de materiais inclúe?

Galiciana-BDG incorpora ás súas coleccións as reproducións dixitais de todo tipo de materiais impresos, tales como libros, periódicos, revistas, mapas, gravados ou fotografías. Tamén son consultables materiais non impresos, como cartas, manuscritos de diferentes épocas ou réplicas dixitais de obras pictóricas dalgúns dos nosos pintores máis importantes.

  • Libros

    Imaxes dixitais de libros e folletos impresos desde o siglo XV hasta a actualidad.

  • Periódicos e revistas

    Reproducións dixitais de os distintos números ou fascículos que forman un periódico ou unha revista.

  • Manuscritos

    Dixitalizacións de manuscritos

  • Mapas

    Reproducións dixitais de mapas e planos

  • Material gráfico

Recursos dixitais obtidos a partir de gravados, debuxos, fotografías, carteis e outros tipos de materiais gráficos.

 

Como podo procurar en Galiciana-BDG?

Galiciana-BDG pretende ser unha ferramenta útil para todas as persoas usuarias, desde investigadores e investigadoras do ámbito universitario á cidadanía interesada na historia da súa localidade.

Para que a procura da información sexa máis sinxela e accesible a todo tipo de persoas usuarias, Galiciana-BDG ofrece a posiblidade de realizar procuras no texto completo da meirande parte das obras impresas dixitalizadas. A aplicación da tecnoloxía baseada no recoñecemento óptico de caracteres (OCR) multiplica as posibilidades de recuperación da información e permite localizar calquera nome de persoa, localidade, entidade, etc. que aparezca en calquera das imaxes dixitalizadas das obras.

É importante sinalar que o proceso de recoñecemento óptico de caracteres (OCR) non se realiza sobre todo tipo de material. A súa efectividade está limitada ás imaxes dixitalizadas de monografías impresas e de publicacións periódicas.

Galiciana-BDG tamén ofrece o sistema tradicional de procura bibliográfica a través do seu catálogo. As opcións dispoñibles son as seguintes:

  • Procura asistida
  • Listaxe de autores
  • Listaxe de títulos
  • Listaxe de materias
  • Listaxe de lugares
  • Publicacións periódicas por título
  • Publicacións periódicas por data

A opción de AXUDA deste mesmo menú de USUARIOS orienta sobre como utilizar os distintos tipos de procura.

 

Como se presentan os resultados dunha procura en Galiciana-BDG?

Ao facer unha procura amósase a listaxe de resultados. Por defecto, o programa ofrece unha listaxe ordenada alfabeticamente por título, en orde ascendente, é dicir do A ao Z. Pero as posibilidades de ordenación dos resultados son varias. Pódese ordenar por diferentes campos, consonte as necesidades da persoa usuaria, e por orde ascendente ou descendente:

  • Título
  • Autor
  • Colección
  • Ano de edición
  • Relevancia

 

Como se presentan os resultados dunha procura en Galiciana-BDG?

Por defecto, os rexistros bibliográficos amósanse en formato ficha, pero a persoa usuaria pode visualizalos noutros formatos, consonte as súas necesidades ou preferencias:

  • FICHA
  • ISBD
  • Dublin Core RDF
  • MODS
  • MARC 21 etiquetado
  • MARCXML

 

Como se citan as obras reproducidas en Galiciana-BDG?

I. Obras reproducidas que pertencen aos fondos da Biblioteca de Galicia. O  copyright da reprodución pertence a Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia e farase constar de modo inequívoco en todas as posibles formas de uso público como © Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.
II. Obras reproducidas pertencentes aos fondos doutras  institutciones. Farase constar o nome da institución conservadora (p. ex. Orixinal conservado na Real Academia Galega). Ademais, citarase a dirección web de Galiciana-Biblioteca Dixital (https://www.biblioteca.galiciana.gal)