A misión de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia é converterse na principal plataforma de acceso en Internet ao patrimonio bibliográfico de Galicia. A localización e identificación de todas as obras susceptibles de considerarse patrimonio bibliográfico non sempre é doada. Malia que o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia (CCPB-G) é unha ferramenta fundamental para desenvolver esta tarefa, existen moitos tipos de materiais que aínda non aparecen descritos nel.
Este foi un dos motivos polos que Galiciana-BDG naceu e quere perpetuarse como un proxecto colaborativo onde incluírmos fondos, non só das bilbiotecas dependenes da Xunta de Galicia, senón tamén doutras institucións da memoria fundamentais para localizar, difundir e preservar o patrimonio bibliográfico galego.
Esta vontade de cooperación tamén debe estenderse á sociedade galega en xeral, polo que consideramos clave darlle entrada ao coñecemento e ás suxestións das persoas usuarias. Queremos que a cidadanía nos axude na tarefa de seleccionarmos as obras fundamentais para o patrimonio cultural de Galicia.
Xa que logo, pode enviarnos a súa proposta de incorporación de obras a Galiciana-BDG, na que debe incluír, polo menos, os seguintes datos:
As obras propostas deben estar en dominio público, para respectar os dereitos de propiedade intelectual de quen as crease.
Non esqueza indicar na súa proposta os seus datos persoais:
O enderezo de correo electrónico á que a pode enviar é bibliotecadixital-galiciana.cultura@xunta.gal.
O equipo técnico de Galiciana-BDG enviaralle, no prazo máximo de 1 mes, unha resposta motivada verbo da aceptación ou non da súa proposta.