Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Gaceta de Galicia (Santiago de Compostela. 1879)
Título: Gaceta de Galicia : Diario de Santiago, decano de la prensa de Compostela
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Santiago de Compostela : [editor non identificado], 1879-1918
Periodicidade actual: Diaria
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: Comeza o 01-01-1879 e cesa o 30-11-1918
Apuntamentos: Propietario-director: Manuel Bibiano Fernández.
Directores: Manuel Bibiano Fernández, Antonio Fernández Tafall.
Variacións no subtítulo: "Diario de Santiago" ; "Diario de Santiago, decano de la prensa de Compostela".
Foi substituído por: El Noticiero Gallego.
Referencias: Wikipedia. Visitada o 12 de xuño de 2025. https://www.wikidata.org/wiki/Q8963306
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (2014), t. I, p. 114
Indizado selectivamente por: Enciclopedia Galega Universal. Visitada o 18 de xuño de 2025. https://egu.xunta.gal/gl/termo/127276/gaceta-de-galicia
Cesa en novembro de 1915 e reaparece en febreiro de 1916, logo de refundirse con "Voz del Pueblo"
É continuadora de "El Diario de Santiago". A "Gaceta de Galicia" defende desde un principio o criterio liberal, en canto isto é factible nunha cidade que en ser e parecer católica posúe, non só os seus sentimentos e tradicións senón que tamén o coidado dos seus profundos intereses. O director non pode manter a Vicenti como director dunha sección literaria que prometía ser espléndida, provocando indirectamente a emigración e ascensión imparable dun dos mellores xornalistas españois de todos os tempos. Indalecio Armesto denuncia en 1880 a confabulación que existe entre a publicación e a dereita apostólica compostelá, que no seu momento esmagara ao seu antecesor. É Antonio Fernández Tafall -fillo de Manuel Bibiano- o que abre o xornal ás diversas xeracións estudantís, comezando pola súa propia, que tamén era a de Valle-Inclán, Vázquez de Mella, Labarta, etc. Durante a súa longa etapa de dirección da "Gaceta de Galicia" alcanza fases de evidente interese; comparables aos mellores momentos de "El Diario de Santiago". Así polo anos dez, con firmas de escritores consagrados, o vello diario compostelán convértese na tribuna galega máis aberta ás correntes modernistas. Castelao e unha boa parte da influente xeración galeguista, iniciaron os seus traballos periódicos na "Gaceta de Galicia". A desaparición de Montero Ríos e a carestía do papel, que trae consigo a gran guerra, feren de morte o diario. En 1915 dáse por segura a súa desaparición e cesa, en efecto, aínda que reaparece de inmediato. En 1916, refundido con "Voz del Pueblo", revive a súa propia cabeceira. En 1918 desaparece definitivamente. Incluía información sobre temas agrícolas, o ferrocarril, a saúde, a moda, os xogos florais, etc. Ademais inseriu algúns poemas, contos e folletíns sobre historia, economía e dereito. Ás veces, incluía tamén suplementos literarios.
Descrición baseada en: n. 1 (2/01/1879)
Registros fundidos: Fundida con Voz del Pueblo. - 1916-1918
rexistros relacionados: Es continuación de: El Diario de Santiago : de intereses materiales, noticias y anuncios. - Publicación: Santiago de Compostela : Manuel Bibiano Fernández, 1873-1878
Sustituida por: El noticiero gallego : diario de Santiago. - Publicación: Santiago de Compostela : [editor non identificado], 1918
Materia / lugar / evento: Liberalismo
Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - A Coruña - Santiago de Compostela
España - Galicia - A Coruña - Santiago de Compostela
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Dereitos: Obra en dominio público
Comprende:
2:en.1879 - 30:nov.1918
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal