Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Diario de Pontevedra (1884)
Título: El diario de Pontevedra : periódico liberal
Título chave: Diario de Pontevedra
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Pontevedra : [editor non identificado], [1884]-
Fabricación: Pontevedra : Imprenta de A. Landin, [1884]-1939
Descrición física: volume : ilustracións ; 48 x 35 cm
Periodicidade actual: Diaria, excepto domingos
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: A súa I época cesa co n. 17895 (27 feb. 1939)
Apuntamentos: A partir do ano XVI, número 4430 (1 maio 1899) o subtítulo é: Decano de la prensa de esta capital.
Título tomado da cabeceira.
Descrición baseada en: Ano XIV, número 3847 (16 abril 1897)
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (1990-1995), t. I, p. 275
Referencias: Wikipedia. Visitada o 15 de abril de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/Diario_de_Pontevedra
Erros na numeración
Desaparece o 28-02-1939 por orden do Ministerio do Interior. Reaparece o 15-09-1963 comezando así a súa II época. En sept. de 1967 volve suspender a súa publicación. O 02-04-1968 comeza a súa III época que se prolonga ata a actualidade.
Variacións no formato: 52 x 38, 48 x 32 cm
Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo. É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada. Era un xornal que inicialmente seguía a doutrina política de Montero Ríos, aínda que posteriormente derivou cara temas máis locais. Un coñecido xornalista, Alfredo Vicenti, asumiu a dirección no ano 1912. Esta nova etapa do Diario de Pontevedra remata o 28 de febreiro de 1939, por orde do Ministerio de Interior do novo Goberno franquista. O 15 de setembro de 1963, a cidade recupera o Diario de Pontevedra. É froito das xestións de varias institucións locais, entre as que destaca a Cámara de Comercio pontevedresa, que entende que a capital provincial necesitaba un xornal de seu. Nesta etapa, o presidente do consello de administración é Emilio González de Hoz, con Enrique Paredes como director. As dificultades económicas obrigan a pechar en setembro de 1967, despois dunha época na que no Diario de Pontevedra asinaron persoeiros como Julio Camba, Celso Emilio Ferreiro ou Ramón Otero Pedrayo. O Diario de Pontevedra, retoma a súa actividade o 2 de abril de 1968. A xestión corre a cargo dunha cooperativa de traballadores, unha forma empresarial pouco común na prensa española. A cooperativa encoméndalle a dirección a Pedro Rivas Fontenla. A etapa da cooperativa prolongouse ata xuño de 1999. En 1999, o Diario de Pontevedra é adquirido polo Grupo El Progreso, que coloca na presidencia a Antonio de Cora García, descendente da familia fundadora do xornal lugués e fillo da presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro. Da dirección ocúpase Antón Galocha. O Grupo El Progreso completa a modernización informática do diario pontevedrés, que pasa de ser un dos xornais galegos de aspecto máis "clásico" a se converter nun dos máis avanzados en cuestións de deseño. En xaneiro de 2013 Antón Galocha foi relevado da dirección que pasou a ser asumida por Pedro Antonio Pérez Santiago. Dende marzo do 2016, o novo director do xornal é Miguel Ángel Rodríguez González. Malia a súa pertenza ao grupo lugués, o xornal mantén o seu carácter local, mesmo nas promocións e nos enfoques das noticias. Contou cunha edición electrónica propia ata que en decembro de 2007 integrouse, como os outros xornais do grupo, na plataforma Galiciaé.
Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - Pontevedra - Pontevedra
España - Galicia - Pontevedra - Pontevedra
Outros autores: Vicenti, Alfredo, 1850-1916
Camba, Julio, 1882-1962
Ferreiro, Celso Emilio, 1912-1979
Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976
Imprenta de Andrés Landín
Números normalizados: DL PO 36-1963
ISSN 2386-4109. - ISSN (incorrecto) 9968-7712
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Comprende:
año 14:n.3847 (1897:abr.16) - (Último número: año 60:n.22461 (1976:dic.31))
Derechos:
In Copyright (InC)
Comprende:
año 14:n.3847 (1897:abr.16) - año 53:n.17895 (1939:feb.27)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal