Galiciana-BDG ten xa a accesibles para toda a cidadanía 122.115 novas imaxes resultado do proceso de dixitalización, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que tivo lugar durante os últimos meses do ano 2020 e primeiros do 2021. Nesta ocasión, escolléronse para dixitalizar 229 títulos de publicacións periódicas, monografías e folletos, carteis e postais. 
Polo que respecta ás publicacións periódicas, dixitalizáronse 12 títulos en total, 6 deles ofrécense por primeira vez en Galiciana-BDG, mentres que os outros 6 completan con novos números, títulos que xa estaban presentes no noso repositorio. 
Entre as cabeceiras de prensa histórica que se dixitalizaron neste novo proxecto destacan títulos como Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, portavoz desta importante institución onde se publicaron os primeiros ensaios sobre Galicia en lingua galega. Procedentes da Biblioteca Pública de Lugo, dixitalizáronse exemplares das cabeceiras de prensa, Alborada, La Provincia, Vanguardia gallega e La voz de la verdad, publicadas todas elas na cidade de Lugo durante a primeira metade do século XX. 
Neste novo proxecto de dixitalización tamén tivo cabida a mellora da calidade da imaxes xa existentes en Galiciana-BDG, como ocorreu coa cabeceira Galicia nueva, da que se  redixitalizaron os exemplares que conserva a Biblioteca Pública de Pontevedra. Esta publicación editouse en Vilagarcía de Arousa dende o ano 1907 ata o ano 1938, e durante algún tempo actuou como portavoz do movemento agrario e anticaciquil "Acción Gallega".
A cooperación con outras institucións da memoria que custodian patrimonio bibliográfico galego estivo presente na dixitalización que se realizou de 141 números do título Industria conservera, correspondentes ao rango cronolóxico que vai de 1934 a 1954. A colección completa desta publicación, que na actualizade sigue editando ANFACO-CECOPESCA, custódiase no Museo ANFACO da Industria Conserveira de Vigo. Esta revista é fundamental para o estudo do sector da conserva, que tanta importancia tivo para a historia da industria galega.
As monografías e folletos que se escolleron para dixitalizar proceden todos de orixinais conservados na Biblioteca de Galicia. Nesta ocasión dixitalizáronse 113 títulos, dos que 33 proceden do Fondo Abanca, incrementándose así os fondos accesibles do micrositio adicado a esta importante colección bibliográfica que xa está dispoñible en Galiciana. Destacan os 7 exemplares "post-incunables", libros impresos entre os anos 1501 e 1520, que manteñen as características propias dos impresos do período incunable. 
Xa dentro da colección de patrimonio bibliográfico da Biblioteca de Galicia, escolléronse 52 títulos de monografías e folletos, dos que cabe destacar os impresos entre os anos 20 e 30 do pasado século, vinculados coas "Irmandades da Fala", como algúns exemplares das novelas curtas da colección "Lar". Outro título destacado é Historia de la provincia de Lugo, escrito por Manuel Amor Meilán e editado en sete volumes entre os anos 1918 e 1927. Outro grupo dentro da sección de monografías, constitúeno as primeiras guías turísticas de Galicia, editadas a principios do século XX e ilustradas con interesantes fotografías e belas ilustracións de artistas como Francisco Lloréns ou Lolita Díaz Baliño. Por último, e dentro tamén da sección de monografías, destacamos os 28 títulos procedentes do Fondo Chamoso Lamas, exemplares editados durante a Guerra civil española polo bando republicano.
Os materiais gráficos tamén foron obxecto de dixitalización neste proxecto. Concretamente, dixitalizáronse 23 carteis procedentes do Depósito Legal custodiado na Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel" e 81 postais conservadas na Biblioteca Pública de Pontevedra. En canto aos carteis, destacan os que saíron do taller de M. Roel en Vigo. Esta imprenta facía traballos de gran calidade que atraían clientes doutros lugares de Galicia como Lugo, Marín, Pontevedra, Vilagarcía, etc. Algúns destes carteis son autoría do artista Rafael Pozo Collado, do que pouco sabemos, máis aló de que utilizaba o pseudónimo "Carpo" e que desenvolveu o seu labor artístico na cidade de Vigo. A cidade olívica é a protagonista da maioría destes carteis, representándose imaxes de festas tan populares como as do barrio de Bouzas ou as do barrio do Berbés.
A cidade de Vigo tamén protagoniza a maioría das imaxes representadas nas postais dixitalizadas neste último proxecto de dixitalización. Custodiadas na Biblioteca Pública de Pontevedra, a través destas postais pódese rememorar o aspecto que tiña a cidade de Vigo a principios do século XX. O forte desenvolvemento industrial que caracterizou a historia desta cidade, fai que algunhas zonas resulten case irrecoñecibles, converténdose así estas imaxes en importantes documentos históricos.