Galiciana-Biblioteca Dixital presenta un novo micrositio para conmemorar o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán onde se recollen, a través dun único único punto de acceso, as obras escritas ou protagonizadas por esta muller excepcional e que foran obxecto dun proceso de dixitalización.

Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) foi unha escritora polémica e extraordinariamente prolífica e polifacética: novelista, ensaísta, crítica, conferenciante, tradutora, editora, catedrática, correspondente española no estranxeiro... Todas estas facetas están representadas nas obras que se recollen no micrositio: novelas, contos, poesía, discursos, conferencias e crítica literaria. Tamén quedan recollidas as publicacións periódicas, destacando as dúas que ela mesma funda, financia e dirixe: Revista de Galicia (1880) e Nuevo Teatro Crítico (1891-1893).
En total reúnense 75 obras dixitalizadas que supoñen 21.901 imaxes. En canto aos formatos destas imaxes, ofrécese jpeg e pdf, ademais de 7 títulos que tamén se poden descargar en formato epub para poder lelos nos dispositivos móbiles (teléfonos e tablets). 