Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 14 de julio de 1969]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1969]
Descripción física: 1 carta ([2] p.) ; 28 x 22 cm
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Notas: Carta mecanografada con anotación ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 57, p. 268-272
Resumen: Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo na que lle pregunta polo mural de El Castro e pola sala Carlos Maside da que lle fala na carta do día 1. Dubida de se Díaz Pardo pretende facer unha sala adicada á obra de Carlos Maside no Museo del Castro, ou se o que quere é chamarlle así ao museo. Opina que non existe obra representativa do artista suficiente para encher unha sala e pensa que o museo debería chamarse Museo de Arte Gallego Contemporáneo Carlos Maside para non rebaixalo á categoría de sala ou galería comercial. Considera que as súas seccións deberían de ser: pintura, escultura, gravado, arquivo de debuxos e gravados, sección bio-bibliográfica de artistas galegos contemporáneos, e biblioteca de arte galego e arte xeral. Dalle indicacións sobre o edificio e considera importante nutrilo con doazóns de envergadura. Quere contribuir con libros e álbumes.
Imaxina que a fábrica de Sargadelos estará funcionando e coméntalle que pensa colaborar coa súa adhesión á homenaxe a Villafinez, pero que non cre conveniente expoñer pintura nesta ocasión ao non facelo nunca antes en Galicia e máis tendo en conta a súa opinión contraria ás mostras colectivas. Comunícalle que tampouco colaborará con obra para axudar a soster a Fundación Beiras de Vigo, e infórmao da decepción da xente de Montevideo por non recibir as obras a tempo para inaugurar a exposición o 15 de xullo como estaba previsto, como lle comentou na carta do 27 de maio.
Lémbralle que xa realizaron o último xiro para o departamento da Coruña.
En nota manuscrita Maruja Seoane escribe aos Díaz Pardo preguntando se recibiron un periódico e avisándoos de que lles envía un recorte da revista Primera Plana cun chiste que cre que lles gustará.
Condiciones de acceso y uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Registros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. Castro, 1 de julio de 1969]. - [1969]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 27 de mayo de 1969]. - [1969]
Materia / lugar / evento: Fernández López, María Elvira, 1912-2003 - Correspondencia
Arias de Castro, Carmen, 1921-2013 - Correspondencia
Laxeiro, 1908-1996
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Maside, Carlos, 1897-1958
Villafínez, L. M, 1892-1970
Cerámicas de Sargadelos
Arxentina - Situación social - 20º século
Arxentina - Publicacións periódicas
Uruguai - Exposicións - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Derechos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal