Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Alborada (Bos Aires. 1925)
Título: Alborada : órgano de la Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión
Publicación, Producción, Distribución, etc.: Publicación: Buenos Aires : A.B.C. Partido Corcubión, 1925-
Descripción física: volume ; 27 cm
Periodicidad actual: Anual
Periodicidad anterior: Trimestral
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comienzo / cese: N. 1 (ag. 1925)-
Notas: Variacións no subtítulo.
Indizado selectivamente por: Repertorio da prensa da emigración galega (CCG). Visitado o 4 de xullo de 2025. https://arquivo.consellodacultura.gal/index.php/alborada-rgano-de-la-asociaci-n-ben-fica-y-cultural-del-partido-de-corcubi-n
Resumen: "Alborada" é a revista oficial da Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubión, unha entidade fundada o 26 de agosto de 1922 na cidade de Bos Aires por emigrantes galegos procedentes do partido xudicial de Corcubión (provincia da Coruña). A sociedade naceu co obxectivo de promover o melloramento agrario e cultural da súa terra de orixe, e tamén de ofrecer apoio social e sanitario aos seus asociados na Arxentina. Estes propósitos quedaron recollidos nos seus estatutos, aprobados na asemblea do 24 de marzo de 1923.
Entre as súas principais accións destaca a promoción da educación no partido de Corcubión, concretada na creación de catro escolas nas parroquias de Estorde (Cee), Nemiña (Muxía), Pasarela (Vimianzo) e Suarriba (Fisterra). Dende 1930 contan cunha sede social en propiedade e, desde 1940, cun recreo social onde celebran encontros, festas e actividades recreativas.
O primeiro número da revista "Alborada" veu a luz o 26 de agosto de 1925, concibida como voceiro das aspiracións colectivas da sociedade e medio para manter vivos os lazos coa comarca de orixe. A publicación tivo continuidade ao longo do tempo e segue a editarse na actualidade.
Alborada recolle principalmente información sobre a entidade editora (asembleas, actividades en Arxentina e Galicia, altas de socios, necrolóxicas, etc.) e novas da comarca do partido de Corcubión. Ademais, inclúe artigos de interese xeral sobre temas como o hispanoamericanismo, a emigración galega, historia e sociedade da zona de orixe, actualidade arxentina, textos literarios, artigos divulgativos e pasatempos.
Textos en castelán e galego.
Materia / lugar / evento: Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubión
Emigración e inmigración
Galicia
Género / forma: Revistas de información local
Nombre jerárquico lugar: Arxentina - Bos Aires
Tipo de publicación:
Periódicos y Revistas
Derechos: Obra en dominio público
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal