Apuntes biográficos/históricosLucas de Tuy, tamén coñecido polo alcume do "Tudense" destacou coma un recoñecido escritor e historiador. En 1201 ingresou na colexiata de San Isidoro de León onde primeiro se formou e despois exerceu labores de cóengo regular durante vinteoito anos. Foi asemade diácono e cóengo en León, dedicándose nese tempo ao estudo das Sagradas Escrituras e dos Santos Pais (sobre todo de San Agostiño, San Gregorio e San Isidoro).
A súa vasta cultura valeulle ser nomeado cronista oficial de Dona Berenguela, muller de Alfonso IX e nai de Fernando III O Santo. Entre 1239 e 1249 o autor estivo ao cargo do Pontificado de Tui, onde desempeñou unha labor de gran importancia para a cultura da rexión.
Foi precisamente por encargo de dona Berenguela que o autor redactou en 1236 a súa obra máis importante, O Chronicon Mundi. O cronicón caracterízase sobre todo pola súa ambición, xa que nel o autor procurou abranguer os feitos acaecidos dende as orixes do mundo ate o momento no que o redacta. O marco de acción da obra é dobre: por unha banda reflíctense acontecementos universais e pola outra peninsulares. Aínda que vista cos ollos de hoxe en día non se poden obviar os seus erros e imprecisións (do mesmo xeito que acontece con outros cronicóns), tampouco se pode esquecer que este foi o primeiro intento serio de redactar unha historia xeral de España.
Formas alternativas del nombreLucas de Tuy, 11??-1250
Tui, Lucas de, 11??-1250
Fuentes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1134984. http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX1134984&index=LCNAME&lang=es