(Cádiz, España, 1732 - San Fernando, Cádiz, España, 1795)
Apuntes biográficos/históricosVicente Tofiño San Miguel foi un dos primeiros científicos da Armada e un dos principais promotores da Astronomía en España. Fillo de militar, nace en Cádiz no ano 1732. Ingresa na mesma Compañía de Gardas á que pertencera o seu pai no ano 1747. Ao longo da súa vida irá ascendendo na carreira militar ata chegar a ser director das academias de gardas mariñas de Cádiz, Ferrol e Cartaxena.
Tofiño foi una auténtico renovador da cartografía española no século XVIII e o seu prestixio como astrónomo era ben coñecido por toda Europa. O traballo hidrográfico por excelencia deste momento da historia de España débese o seu labor. En 1783, a iniciativa do Conde de Floridablanca, confíase a Vicente Tofiño a dirección dunha expedición hidrográfica que tiña como obxectivo o levantamento das costas de España. Na execución desta obra, organizada dende o Real Observatorio de Cádiz, introducíronse métodos hidrográficos e xeodésicos novos para a época. As expedicións para realizar o traballo de campo duraron ata o ano 1788 e nelas participaron algúns dos mariños astrónomos más destacados do momento como Mazarredo, Vargas Ponce, ou Alcalá Galiciano.
O resultado destes traballos foi a publicación de Derrotero de las costas de España en el Mediterráneo y su correspondiente de África... (Madrid : Ibarra, 1787) e o primeiro tomo do Atlas marítimo de España con 15 cartas da costa mediterránea. Dous años máis tarde, en 1789, saíron a luz tanto o Derrotero de las costas de España en el Océano Atlántico, y de las Islas Azores ó Terceras... (Madrid : Ibarra, 1789) como o segundo tomo do atlas con 30 cartas das costas atlánticas. O éxito da publicación fixo que nese mesmo ano se fixera una segunda edición do atlas que reunía nun só tomo tódalas cartas levantadas durante as expedicións, co título Atlas marítimo de España. Este atlas tivo unha gran difusión e acollida polos servizos hidrográficos europeos e para España representou o punto de partida da cartografía moderna.
Vicente Tofiño de San Miguel faleceu en San Fernando (Cádiz) en 1795. A exactitude conseguida nalgunha das cartas levantadas grazas o seu traballo foi tal que mantiveron a súa vixencia ata ben entrado o século XX.
Formas alternativas del nombreTofiño de San Miguel, Vicente
Tofiño de San Miguel, Vicente, (1732-1795
Torfino de San Miguel, Vincente, approximately 1732-1795
Torfiño de San Miguel, Vincente
San Miguel, Vincente Torfiño de
Miguel, Vincente Torfiño de San
San Miguel, Vincente Tofiño de
San Miguel, Vicente Tofiño de
Miguel, Vincente Tofiño de San
San Miguel, Vicente T. de
Miguel, Vicente T. de
Tofiño de San Miguel, Vicente, 1740-1806
Fuentes consultadas1. Centro Digital de Estudios Biográficos, Real Academia de la Historia Tofiño de San Miguel y Vandewalle, Vicente (Cádiz 6.IX.1732 - San Fernando, Cádiz 15.I.1795)