(Vilanova de Arousa, Pontevedra, España, 1885 - Madrid, España, 1948)
Apuntes biográficos/históricosEscritor e xornalista, é o irmán maior de Julio Camba. Estudou Maxisterio en Pontevedra e exerceu en diferentes pobos galegos, como Caldas, Portomarín, Lugo ou Santiago de Compostela. Tamén colaboraba en xornais como a Gaceta de Galicia ou La Idea Moderna.
A súa primeira obra publicouse en La Provincia, a única escrita en galego, O Terruño.
Partidario do golpe de estado de Franco, pasa a guerra civil en Madrid, a onde se trasladara en 1902, e conta a súa experiencia na novela Madridgrado de 1939, cuxo título tomou dunha das emisións radiofónicas de Queipo de Llano desde Radio Sevilla.
A súa produción literaria ten unha primeira etapa costumista e finalmente unha segunda na que abraza o xénero da novela histórica.
Formas alternativas del nombreCamba, Francisco de, 1885-1948
Camba Andreu, Francisco, 1885-1948
el hidalgo de Tor, 1885-1948
Camba, Francisco
Camba, Francisco, 1884-1947
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 14 de setembro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=824
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Consultado o día 14 de setembro de 2021. XX871735