Apuntes biográficos/históricosRomán Navarro García Vinuesa, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1854 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1928, foi un pintor e militar galego.
Estudou na Escola de Artes da Coruña, converténdose en profesor axudante en 1885. Foi redactor e ilustrador de El Domingo e El Día de Fiesta. En 1894 foi a Italia cunha bolsa da Deputación. Viaxou por Europa.
De volta a España obtivo a cátedra de Debuxo da Escola de Artes de Barcelona, que un ano despois permutou con José Ruiz Blasco (pai de Pablo Ruiz Picasso) pola da Escola de Artes da Coruña, que chegaría a dirixir.
No exército, no que solicitou o retiro arredor de 1916, acadou o emprego de tenente coronel de cabalería.
Galipedia