(O Cádavo, Baleira, Lugo, España, 1910 - Lugo, España, 2001)
Apuntes biográficos/históricosMaría Ignacia Ramos Díez, nada no Cádavo (Baleira) o 20 de setembro de 1910 e finada en Lugo o 26 de abril de 2001, foi unha mestra e escritora galega, de escasa produción, que publicou baixo os pseudónimos Silgar e María Silgar. Foi nai da historiadora da arte María Victoria Carballo-Calero. Foi a segunda filla de José Ramos Rego e de Pilar Díez Cortón. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filosofía e Letras, na rama de Historia. O 9 de outubro de 1933 casou con Ricardo Carballo Calero na igrexa parroquial de Santiago (outrora templo do convento de relixiosas dominicas de Santa María a Nova). Tiveron dúas fillas, Margarita (1936) e María Victoria (1942). Colaboradora na sombra en todos os traballos do seu home, foi tamén unha grande influencia na súa obra literaria, achegándoo á vida da sociedade rural galega.Durante a guerra civil e a posguerra, no que Carballo estivo preso en Xaén, ela mantivo a familia traballando en academias en Ferrol. Posteriormente exerceu a docencia en Lugo e Santiago de Compostela. Escribiu en Vida Gallega (1957) e na revista Grial como "Silgar e María Silgar.Trala morte do seu home, dedicouse a manter viva a súa memoria e doou a súa biblioteca ao Parlamento de Galicia. Obras súas : "El viejo Sangenjo". Vida Gallega (1957) ; Historias da miña terra: "O compadre"; "Unha merenda"; "O rato"; "A nena laída"; "A nena que non tiña boneca". Grial número 36 (1972), pp. 222-235 ; Historia da miña terra: "O Herdeiro da degolada". Grial número 42 (1973), pp. 458-462 ; Abuelas en la modista. Juguete cómico, obra de teatro representada no Colexio Fingoi