Apuntes biográficos/históricosFrancisco Álvarez de Nóvoa y Ferrer, nado en Granada o 11 de xuño de 1873 e finado en Ourense o 13 de xuño de 1936, foi un xornalista e escritor galego.
Procedente dunha familia de ascendencia galega, chegou a Ourense en 1892, onde comezou unha intensa actividade nos medios xornalísticos colaborando en La Defensa de Galicia e El Noticiero.
En 1909 marchou a Lisboa onde abriu un estudio de fotografía que trasladou, en 1910, a Río de Xaneiro, onde participou na vida social e na actividade xornalística da comunidade galega. En Buenos Aires fundou con Fortunato Cruces La Voz de Galicia (1913) e en 1915 volveu a Ourense e iniciou a súa segunda etapa xornalística dirixindo El Miño, La Voz Pública e El Diario de Orense.
A partir de 1925 abandonou a actividade relacionada coa literatura e co xornalismo debido ao veto que lle impuxo a Ditadura de Primo de Rivera ao facerlle escoller entre o seu posto de funcionario da Deputación e a práctica xornalística.
En 1906 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.
Galipedia