Apuntes biográficos/históricosSeguiu a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo e, en 1916, aprobou as oposicións ao maxisterio, e exerceu como mestre. Coñecedor das correntes pedagóxicas europeas renovadoras, destacou pola súa participación nas organizacións corporativas e de defensa profesional do maxisterio. Na súa faceta de relator destacou pola súa presenza na inauguración de numerosas escolas na Mariña sufragadas por emigrantes galegos.
Foi redactor-xefe de La Voz de la Verdad e colaborador habitual de El Progreso, Boletín de la Real Academia Gallega, Vida Escolar e Almanaque Gallego de Bos Aires. En canto ao seu labor societario, foi vocal dos docentes galegos ante a Asociación Nacional de Mestres en 1931 e traballou a favor da creación da Federación de las Asociaciones de Maestros Gallegos, que se constituíu o 7 de abril de 1935.