Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario
(1849 - )
Apuntes biográficos/históricosA Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", con sede na Coruña, é unha das trece creadas en España por Real Decreto de 31 de outubro de 1849, daquela coa denominación de Academia Provincial de Bellas Artes.
En 1898 pasou a celebrar as súas sesións no palacio do Real Consulado do Mar, e en 1913 instalouse definitivamente nel, onde actualmente ten a súa sede oficial corporativa. En 1938 dito palacio destinouse para Museo Provincial de Belas Artes e sede da Real Academia de Belas Artes.
A Real Academia Galega de Belas Artes depende da Xunta de Galicia e está constituída por catro categorías de Académicos: numerarios, correspondentes, honorarios e supernumerarios.
A Academia está composta na actualidade por sete seccións: Pintura e Gravado, Escultura, Arquitectura, Música, Arqueoloxía e Museoloxía, Artes da Imaxe e Expertos nas Artes. Cada sección pode contar cun número máximo de cinco académicos numerarios.
Celebra sesións ordinarias de forma mensual, e extraordinarias para asuntos de especial relevancia.
Formas alternativas del nombreReal Academia de Belas Artes da Coruña
Real Academia de Bellas Artes (A Coruña)
Real Academia de Bellas Artes (La Coruña)
Real Academia de Bellas Artes de La Coruña
Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario (La Coruña)
Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario (A Coruña)
Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario
Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (La Coruña)
Real Academia Provincial de Bellas Artes (A Coruña)
Real Academia Provincial de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario
Academia Provincial de Bellas Artes (A Coruña)
Academia de Bellas Artes (La Coruña)
Fuentes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX121706. Visitado o 24 de xullo de 2020