(Santiago de Compostela, España, 1833 - A Coruña, España, 1918)
Apuntes biográficos/históricosJosé Pérez Ballesteros naceu en Santiago de Compostela o 30 de xullo 1833 e morreu na cidade da Coruña o día 30 de outubro de 1918. Cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na universidade compostelá. Dedicouse ao estudo do folclore, á composición literaria e ao ensino, chegando a ser a ser director do Instituto de Bacharelato da Coruña, onde se fixo cargo, desde 1865, da cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética. Foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, na que ocupou o cargo de tesoureiro. Entre os anos 1885 e 1886 publica os tres tomos da súa obra máis destacada, o "Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña".