(Ponteceso (A Coruña), España, 1835 - A Coruña, España, 1917)
Apuntes biográficos/históricosNatural da comarca de Bergantiños, Eduardo Pondal nace no ano 1835, no seo dunha familia fidalga. É un dos grandes poetas do noso Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Recibiu unha boa formación humanística e con poucos anos, pasa a vivir a Santiago de Compostela, onde estudará a carreira de Medicina. Asemade, involúcrase na vida política e cultural da capital galega e, xa en 1858, dáse a coñecer grazas á lectura que fai do seu primeiro poema en castelán, Brindis, no Banquete de Conxo.
Influído por Murguía e outros autores da época, Pondal fundaba as orixes de Galicia no celtismo, de aí que nos círculos culturais aos que asistía fose coñecido coma O Bardo. Este tema abordouno de cheo en 1886 coa súa grande obra Queixumes dos pinos, escrita integramente en galego e reelaborada sobre a versión bilingüe Rumores de los pinos, publicada nove anos antes.
A obra deste poeta bergantiñán é bastante breve, debido ao seu carácter perfeccionista e á súa obsesión por revisalo todo. Proba disto é que deixou varias obras sen publicar e algunhas delas sen rematar. Morreu aos 82 anos na cidade da Coruña e os seus restos foron soterrados no cemiterio de San Amaro. No ano 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Formas alternativas del nombre Pondal, Eduardo
Pondal Abente, Eduardo, 1835-1917
Pondal Abente, Eduardo María González, 1835-1917
González Pondal y Abente, Eduardo María, 1835-1917
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 13 de abril de 2012. - http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3915
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. BNE19912648189
3. Diccionario Biográfico Español da Real Academia de la Historia. - Pondal Abente, Eduardo (Ponteceso (La Coruña) 8.II.1835 - La Coruña (La Coruña) 8.III.1917)
4. Letras galegas: figuras homenaxeadas. Real Academia Galega. Visitada o 13 de abril de 2012.
5. Library of Congress Name Authority File. - Pondal, Eduardo, 1835-1917