Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Exacto correo (A Coruña. 1810)
Título: Exacto correo de España en La Coruña
Otros títulos: Título distintivo: Postillón del Exacto correo de España en La Coruña
Publicación, Producción, Distribución, etc.: Publicación: [La Coruña] : Juan Chacón, [1810-1815]
Fabricación: [Coruña] : En la Oficina del Editor del Exacto Correo y Postillón D. Juan Chacón, [1810-1815]
Descripción física: volumes ; 22 cm
Periodicidad actual: Bisemanal
Tipo de contenido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comienzo / cese: Aparece o 22 de decembro de 1810 (segundo Caamaño Bournacell) ou o 29 de decembro de 1810 (segundo Carré Aldao) e cesa probablemente o 22 de maio de 1815. (Historia de la prensa gallega, de Enrique Santos Gayoso (2014), t. I., p.9)
Notas: Directores: Fr. Juan Chacón (primeira época); R. P. Fr. Manuel Martínez (segunda época).
Editores (segunda época): Fr. Juan Chacón e Fr. Nicolás de Castro.
Imprimiuse nos primeiros tempos na casa de Prieto e despois na de Antonio Rodríguez, ata que tivo imprenta propia en xullo de 1811 e que máis tarde, por cuestións políticas, é denominada "Imprenta que está á cargo de D. Juan Chacón (1814)" (posto que o que figuraba este ano como editor do periódico fora encarcerado polos liberais con outros absolutistas no Castelo de Santo Antón).
Sumario: Tendencia: absolutista.
Primeira época: vai das datas mencionadas ata marzo de 1811. Distínguese polo atrevido do seu estilo e polo odio a todo o liberal. É un claro expoñente da propaganda absolutista derivada da Guerra da Independencia. O día 15 de outubro de 1810, a Xunta de Galicia concedeu o permiso a Juan Chacón (director), frade, para imprimir os luns e os xoves de cada semana este xornal para "venderse a diez cuartos cada exemplar" deixando dous cuartos por número para o Erario público. O permiso fora solicitado o día 13 do mesmo mes. Nesta primeira época timbrábase o xornal coa Torre de Hércules e as seis vieiras nun óvalo e debaixo da data da sentenza latina: "Labor omnia vincit". Alén diso, publicábase diario e de oito páxinas en 4.º, ao largo, con paxinación e numeración seguidas.
Segunda época: retómase o 2 de abril de 1811, aproveitando a lei de imprenta que acababa de ser decretada había pouco tempo. Agora é bisemanal (martes e venres). Numeración e paxinación seguidas. "Daba suplementos cuando era preciso". Agora só se timbra coa torre e coa inscrición: "Nova sint omnia, recedant veter".
Segundo Santos Gayoso, o 1 de xaneiro de 1812 muda a cabeceira por "El exacto diario" e sae os domingos, martes e venres en oito páxinas , os luns en dúas páxinas, e os mércores, xoves e sábados en catro páxinas, ao ancho, coa numeración e a paxinación seguidas. Desde o n.20 suprime o artigo e chámase "Exacto diario en La Coruña". É posible que cesase definitivamente o 22 de maio de 1815 por prohibición real.
Algúns pensan que o "Exacto correo de España en La Coruña" e "El apostillón del exacto correo de España en La Coruña" son o mesmo xornal.
Materias e seccións: artigos de fondo, artigos doutrinais, noticias españolas e estranxeiras, extracto de Cortes e das operacións de guerra, e anuncios.
Materia / lugar / evento: Absolutismo
Galicia - Historia - 1808-1814 (Guerra da Independencia)
Nombre jerárquico lugar: España - Galicia - A Coruña - A Coruña
España - Galicia - A Coruña - A Coruña
Tipo de publicación:
Periódicos y Revistas
Derechos: Obra en dominio público
Historia de la propiedad y custodia:
Procede do fondo Familia Martínez Morás (arq)
Comprende:
n.Número del martes (15:dic.1812)
Comprende:
27:marzo 1812 - 28:abr.1812
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal