(Santiago de Compostela, España, 17?? - A Coruña, España, 1792)
Apuntes biográficos/históricosFernando Ojea cursou a carreira de Medicina na universidade compostelá. Ao rematar os seus estudos, gañaría unha cátedra que lle permitiría dedicarse ao ensino.
Ademais da docencia, Fernando Ojea exerceu a medicina, primeiro no hospital de San Antonio de Betanzos e, posteriormente, no Hospital do Bo Suceso na Coruña. Na cidade herculina ocupou tamén os cargos de xuíz e examinador da Subdelegación do Real Proto-Medicato para o Reino de Galicia e o Principado de Asturias. Os protomedicatos eran institucións que se estabelecían en varias provincias do estado coa misión de fiscalizar o exercicio profesional de médicos, cirurxiáns, boticarios e parteiras.
Escribiu a súa Disertación médica de la simplicidad [...] para solucionar a falta de textos de referencia dos estudantes de medicina da época.
Formas alternativas del nombreOjea, Fernando (Médico), 17??-1792
Oxea, Fernando, 17??-1792
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 26.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3480