Apuntes biográficos/históricosDestacada figura literaria e política do século XIX, este viveirense comezou a súa formación como estudante de Dereito en Santiago ata que se tivo que trasladar a Alcalá, onde remataría a carreira. En Madrid, ademáis de manter amizade con grandes figuras das letras como Larra, Espronceda e sobre todo José Zorilla, comezou unha prolífica carreira política, facendo sempre gala do seu liberalismo moderado. Durante o conflicto da Rexencia, ofreceu os seus servizos á raíña Gobernadora María Cristina, o que o levaría á cadea coa chegada ó poder de Espartero. Sen embargo, anos máis tarde, recuperaría o seu prestixio chegando a ser reitor da Universidade de Madrid e nomeado Ministro de Estado por Leopoldo O'Donnell. Compatibilizou as súas inquedanzas políticas coas xornalísticas, sendo cofundador de dúas publicacións: El Conservador (1841) e El Heraldo (1842). No ámbito literario, foi autor de ensaios, biografías, novelas (De Villahermosa a la China, Una cita), se ben cultivou sobre todo a poesía. Escribiu en castelán, francés e moi pouco en galego, lingua na que só atopamos os poemas Alborada e Égloga. Pese a ter ocupado elevados cargos na Administración e ser unha figura literaria destacada dentro do Romantismo, faleceu na pobreza en Madrid.
Formas alternativas del nombreDíaz Corbelle, Nicomedes Pastor, 1811-1863
Díaz Corvelle, Nicomedes Pastor, 1811-1863
Díaz, Nicomedes Pastor
Pastor Díaz, Nicomedes
Pastor Díaz, Nicomedes, 1811-1863
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 20.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1393