Apuntes biográficos/históricosNado o 25 de outubro de 1854, comeza os seus estudos de Arte e Humanidades na súa cidade natal. Pode que influenciado polo seu pai, médico cirurxián, comeza en 1870 a carreira de Medicina, da que se licenciará en Madrid sete anos máis tarde. En 1878 regresa a Mondoñedo, onde exercerá a profesión médica, mais sen descoidar a súa actividade literaria.
Cultivou a poesía intimista, costumista e ate patriótica, colaborando en diversas publicacións, como por exemplo no coñecidísimo semanario Tío Marcos da Portela. A única obra literaria publicada en vida do autor foi Cantares Gallegos (1911), que anos máis tarde, sería acrecentada con 88 novos poemas, nun volume de Obras completas.
En 1905 a Real Academia Galega desígnao membro da institución, e tras rexeitar este nomeamento, o poeta decide doarlle todo o seu legado. Seis anos máis tarde, será galardoado nos Xogos Florais de Vigo. Leiras Pulpeiro morre aos 58 anos na súa vila natal, onde, en 1921 recibirá unha afectuosa homenaxe. En 1983 dedícaselle o Día das Letras Galegas