Apuntes biográficos/históricosJosé Mariano Abizanda San Martín, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 12 de agosto de 1901, foi un mariño, político e xornalista galego.
O seu pai foi alcalde de Ferrol en 1852. Capitán da Mariña Mercante na súa xuventude, abandonou a mariña para dedicarse aos negocios. Fundou en 1878 en Ferrol o xornal El Correo Gallego. Foi alcalde de Ferrol dende o 27 de decembro de 1890 ata o 24 de xullo de 1891. Foi deputado provincial.