Apuntes biográficos/históricosManuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego. Estudou no Colexio-Seminario Menor de Nosa Señora dos Milagres e despois fixo o bacharelato no Instituto de Ourense, rematando en 1883. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Compostela en 1896. Desde outubro de 1896 exerceu como médico municipal en Maside. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela, A Tía Catuxa O Galiciano, A Monteira, Álbum Literario e El Eco de Galicia. Asinou algunhas das súas composicións co pseudónimo Mefistófeles e outras cos anagramas Leunam Siol e Nunelasoli. Galipedia
Formas alternativas del nombreVázquez, Manuel Lois, 1868-1889
Lois Vázquez, Manoel:
Lois Vázquez, Manoel: , 1868-1889
Pseudónimo:
Pseudónimo: Mefistófeles, 1868-1889
Fuentes consultadas1. Autores galegos da BUSC. Visitado o 24 de outubro do 2024. https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/lois-vazquez-manuel-1868-1889/