Apuntes biográficos/históricosLicenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no ano 1923 figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos, colaborando con diversos artigos.
Redactor, con Ricardo Carvalho Calero e Alexandre Bóveda, do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931, Tobío participou, xunto a Castelao, na creación do Partido Galeguista. En 1932 ingresou na carreira diplomática. Na diáspora republicana, ideou a creación do Consello de Galiza. Iniciou o seu exilio en Nova York e de aí pasou a Cuba, onde fundou a Escola Libre da Habana; posteriormente, marchou a México, e por último a Uruguai, onde residiu até 1963, ano en que se instalou en Madrid. Colaborador activo na revista Galicia Emigrante, que dirixía Luís Seoane, algúns dos seus artigos apareceron publicados en varias revistas.
Faleceu en Madrid o 13 de marzo de 2003.
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 8 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=4855
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1093087. Visitado o 8 de maio de 2020