Apuntes biográficos/históricosLogo de principiar os seus estudos en Santiago de Compostela, licenciousue en Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid; con posterioridade, en Políticas e Económicas na Complutense de Madrid; e en Dereito, na cidade compostelá. Nesta última carreira doutorouse co estudo "La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del bautismo, penitencia, eucaristía y matrimonio".
Foi membro do Seminario de Esudos Galegos no que ingresou, en febreiro de 1934, con "As estacións rupestres da serra do Leboreiro", que se publicou en colaboración con Xurxo Lorenzo. Escribiu diversos traballos no "Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología de la Universidad de Valladolid", así como varios artigos en diferentes publicacións. Logo da súa xubilación retomou os traballos históricos e froito da súa investigación é "O libro da heráldica galega", publicado en 2001, así como diversas achegas de xenealoxía e heráldica galega en revistas de Galicia e foráneas.
Gran Enciclopedia Galega
Formas alternativas del nombreFariña, L., 1916-2011
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 25 de setembro de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1542
2. Gran enciclopedia galega, [2003], t. XVI, p. 154