Apuntes biográficos/históricosCoñecido polo nome de Padre Isla, este relixioso e escritor fixo o noviciado no colexio na Compañía de Jesús para ingresar, posteriormente, na Universidade de Salamanca onde estudiou Filosofía Teoloxía. Alí sería designado para levar a cátedra de Exégesis e a de Filosofía. Continuou a súa actividade docente en varios colexios e adquiriu unha grande reputación como predicador popular, ainda que non descoidou nunca a súa predilección pola literatura satírica. Estivo destinado como predicador en San Sebastián e Valladolid ata que, en 1752, por suxerencia da corte e a aceptación dos seus superiores, tendo en conta o seu talento estaría dedicado, exclusivamente, ás súas obras literarias. En 1758, trala publicación da súa obra máis coñecida e polémica Historia del famoso predicador fray Gerundio de campazas, alias Zotes, na que se realizaba unha sátira a la oratoria eclesiástica, comenzaron os seus problemas coa Inquisición. Ttrasladado a Galicia, aquí desenvolveu labores de traducción e mantivo contacto con figuras intelectuais como o cura de Fruíme ou Luis Losada ó tempo que desenvolvía un fedcundo labor cultural. Coa Real pragmática de Carlos III, pola que tódolos xesuitas foron expulsados de España, tivo que marchar a Italia, onde ficou, coa nostalxia descrita nas súas cartas ós seus familiares, ata o seu falecemento.
Formas alternativas del nombreIsla, José Francisco de (S.I.), 1703-1781
Barbero de Corpa, 1703-1781
Bonillo, Gaspar de, 1703-1781
Herrera de Jaspedós, Hugo, 1703-1781
Isla de la Torre y Rojo, José Francisco, 1703-1781
Isla y Rojo, José Francisco de, 1703-1781
Isla , Padre, 1703-1781
Jaspedós, Hugo Herrera de, 1703-1781
Lobón de Salazar, Francisco, 1703-1781
Padre Isla, 1703-1781
Pai Isla, 1703-1781
Pitillas, Jorge, 1703-1781
Canillejas, Anselmo, 1703-1781
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 23.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=8587