Apuntes biográficos/históricosGonzalo Brañas Sánchez-Boado, nado na Coruña en 1840 e finado na mesma cidade o 17 de xuño de 1903, foi un xornalista e escritor galego.
Fillo do primeiro matrimonio de Vicente María Brañas Valseca (o pai de Alfredo Brañas). Farmacéutico. Dirixiu La Ilustración de La Coruña e en 1862 fundou, xunto a Ezequiel Fernández Miranda, o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador). Colaborou en La Unión Gallega.
Casou con Consuelo Fernández Miranda e foi pai dos científicos Gonzalo e Celia Brañas Fernández.
Galipedia