Apuntes biográficos/históricosFillo de Germán Díaz Teijeiro (Ortigueira, 04/12/1858 - A Coruña, marzo de 1929) e Camila Melitona Baliño López, e irmán de Camilo, Ramiro, Indalecio e Lolita Díaz Baliño.
Como parte dos seus irmáns, dedicouse á arte, era violinista e fotógrafo. Na súa faceta de fotógrafo, publicou varias fotografías na revista Céltiga (Bos Aires. 1924).
Morreu moi novo, sen darlle tempo a desenvolver completamente a súa arte.