(Santiago de Compostela, España, 1880 - Santiago de Compostela, España, 1946)
Apuntes biográficos/históricosFoi un avogado, xornalista e escritor galego.
Foi elixido presidente do Comité Republicano de Monforte de Lemos en 1903. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. En 1909 presentouse como candidato nas eleccións á Deputación Provincial con Juan Golpe e Casares Quiroga e foi o único solidario que conseguiu a vitoria, sendo elixido polo distrito Monforte-Quiroga na Deputación de Lugo. Ao finalizar a súa etapa de deputado escribiu un Manifiesto en contra das deputacións provinciais, en particular contra a de Lugo. En 1915 colaborou coa revista España de Madrid, de orientación melquiadista. En 1918, despois da presentación dos candidatos galeguistas próximos á Lliga catalá, escribiu un novo Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid. Nos anos vinte volveu instalarse en Santiago de Compostela. Na Segunda República foi elixido Vicepresidente do Centro Radical Republicano de Santiago de Compostela en 1932 e concelleiro e tenente de alcalde do concello de Santiago (1934-1935).
Publicou numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, e outros relacionados coa historia de Galicia, mosteiros e vías romanas. Colaborou en El Eco de Santiago e Arquivos do Seminario de Estudios Galegos.
Galipedia
Formas alternativas del nombreArias Sanjurjo Pardiñas, Joaquín, 1880-1946
Arias Sanjurjo Pardiñas, 1880-1946
Arias Sanjurjo, Xoaquín, 1880-1946
Arias Sanxurxo, Xoaquín, 1880-1946
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 6 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=332
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1191758. Visitado o 6 de maio de 2020