Apuntes biográficos/históricosMelchor Manuel Núñez de Taboada, nado en Bendoiro (Lalín) o 5 de setembro de 1778 e finado en París o 12 de marzo de 1840, foi un xornalista e escritor galego. Décimo cuarto fillo do tenente coronel Bernardo Núñez de Taboada e Taboada e María Estrella Moscoso Fariña de Luaces, naceu no Pazo da Calzada en Bendoiro de Abaixo. Ingresou no mosteiro de Samos e despois pasou ao covento bieito de Valladolid onde tomou o hábito o 6 de maio de 1796. Abandonou o mosteiro e marchou a Francia en 1803. Secularizouse en marzo de 1805 e quedou algúns anos en Baiona, dedicado a tarefas de tradución e dando clase de castelán. Fundou e dirixiu en Baiona o periódico Diario de Ciencias y Artes (1906). Instalado en París dirixiu a redacción do xornal bonapartista La Abeja Española, despois traballou para o Ministerio de Policía francés como tradutor de español. Entre 1814 e 1816 estivo involucrado nas redes de conspiradores liberais españois contra o réxime absolutista de Fernando VII, e seguiu mantendo contactos con afrancesados e liberais españois exiliados.
En 1815 dirixiu en París o Établissement d'Intérpretation générale des Langues (unha "institución de interpretación xeral e tradución de todas as linguas vivas e mortas") ata 1825. Foi tamén secretario do Gabinete Topográfico do rei. En 1827 nacionalizouse francés e ao ano seguinte volveu a España.
A súa principal dedicación foi o traballo lexicográfico: en 1812 publicou en París o Dictionnaire français-espagnol et espagnol-français, que tivo enorme éxito e foi mellorado en cada reedición durante todo o século XIX en Francia e España. Na obra seguía principalmente a Capmany e foi apreciada por ser escrita por un autor de lengua española. Tamén é autor da Grammaire espagnole a l'usage des français, e dúas obras políticas: Derniers efforts de la politique de Buonaparte pour séparer l'Espagne de la coalition formée contre lui, ou Manifeste des Cortès de la nation espagnole sur le traité proposé par Buonaparte dans le mois de decembre 1813 e Dernier soupir de l'inquisition en Espagne, ou conduite sage et mesurée de la regence du royaume d'Espagne envers le dernier defenseur de ce Tribunal de Sang. Recueil de pièces officielles traduites de l'espagnol. Traduciu e imprimiu a Constitución de Cádiz en francés (París, 1814) e Lengua universal marítima, o sistema completo de señales de día y de noche do danés L. J. Rhode (Bordeos, 1837).Galipedia
Formas alternativas del nombreNunez de Taboada, Melchior Emmanuel
Núñez de Taboada, Manuel
Núñez de Taboada, Melchor
Nuñez de Taboada, Melchor Manuel
Fuentes consultadas1. Autores galegos da BUSC. Visto o 14 de outubro do 2024